jobs.rubynow.com es un nuevo sitio web donde ofrecer y buscar puestos de trabajo para programadores Rails. Las ofertas son a nivel mundial. Si buscais trabajo podeís echarle un vistazo.
Ofertas de empleo RoR
3 comentarios
Unha pregunta relacionada con isto… ¿Como se plantexa aprender rails para uns mozos que saen da fic?
¿Creedes que se debería poder dar máis opción a que haxa variedade tecnolóxica en IS por exemplo ou que J2EE e o mellor para comezar?
¿Que creedes que vos aportou a fic que vos sirve directamente no voso día a día?
Un saúdo.
Saudos Fic-eiro. Se tes interese e che gusta o que fas, cando saias da FIC non vas ter problema ningún para dominar RoR.
Persoalmente creo que J2EE é perfecto para comezar. Ten en conta que é unha tecnoloxía madura e máis utilizada que RoR (de momento), moito máis extensa, documentada e cunha comunidade máis grande (é con máis ofertas de emprego). Eu creo que IS estaba mellor antes, sen a parte de .NET. Agora danse os mesmos conceptos dúas veces con dúas tecnoloxías pero pérdese profundidade, cando pasar a .NET sabendo J2EE non supón un esforzo tan grande.
Respecto a última pregunta, creo que os estudos na FIC (sobre todo os dous últimos anos da enxeñería) aportan máis do que un cree. Tamén é certo que podes ser un gran informático sen estudar na universidade.
No fondo o máis importante é adicarlle algo do teu tempo libre a ler máis, practicar máis, etc. Trabe é como é porque os seus membros xa traballábamos como freelances mentres estudabamos. Cando fas as cousas por cartos sempre tes unha obriga: a calidade.
DSI e IS son fundamentais. Está claro que sempre vas aproveitar máis lendo material adicional, pero como primeiro paso para aprender a desenvolver aplicacións empresariais e a deseñar usando patróns están moi ben.
De feito eu recomendo a todo aquel que queira aprender, estudante da FIC ou non que se pase polo web de Fernando Bellas e mire a sección de docencia (http://www.tic.udc.es/~fbellas/teaching/index.html). Ten moitisimo material en PDF.
Tu comentario